Estructura web

miércoles, 11 de enero de 2012

Fase Intercomarcal Cross Escolar 21/1 Acea de Ama

El sábado 21 de enero a las 11:00 tendrá lugar la fase intercomarcal de Cross escolar. En esta fase solo podrán participar los clasificados en la fase previa. En el caso del CAS son el equipo de Benjamines Femenino y Tomás López en Individual Benjamín Masculino. El Reglamento aquí



ORGANIZAN: Secretaría Xeral para o Deporte e Federación Galega de Atletismo.

PARTICIPANTES
No campo a través poderán participar as entidades clasificadas segundo normativa das fases previas.

CATEGORÍAS
BENXAMÍN: nados nos anos 2004-2003 masculino e feminino.
ALEVÍN: nados nos anos 2002-2001 masculino e feminino.
INFANTIL: nados nos anos 2000-1999 masculino e feminino.
CADETE: nados nos anos 1998-1997 masculino e feminino.

OBXECTIVOS XERAIS
• Fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable.
• Difundir os valores da competición dende unha perspectiva máis regrada.
• Facilitar a práctica nunha modalidade de gran tradición histórica en Galicia.

SISTEMA DE COMPETICIÓN
Nesta fase, as entidades clasificadas formarán os equipos seleccionando aos seus atletas, cun máximo de 6 participantes por equipo. Cada entidade deberá participar na súa zona correspondente, excepto en casos excepcionais nos que a participación sexa tan escasa que, a petición das propias entidades, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá reorganizar as propias zonas previa proposta do servizo provincial correspondente.

LUGAR E DATA.
Parque deportivo de Acea de Ma (Culleredo). 21 de Xaneiro do 2012.

INSCRICIÓN
A inscrición dos atletas participantes nesta Fase Zonal de Campo a Través Escolar farase antes do martes 17 de xaneiro do 2012, utilizando a folla que se inclúen nesta normativa, que deberán enviar por correo electrónico a deportes.coruna@xunta.es e direcciontecnica@fgatletismo.com.

COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS
Cada equipo estará formado por seis corredores/as, dos/ as que puntuarán os/as catro mellor clasificados/as ou tres (só na categoría cadete). Non se poderá completar un equipo con atletas de categorías inferiores.

CLASIFICACIÓNS
Estableceranse dúas clasificacións:
• Individual. Segundo a orde de entrada na meta.
• Por equipos. A puntuación dos equipos resultará da suma dos puntos obtidos polos 4/3 atletas mellor clasificados de cada equipo, e gañará o equipo que menos puntos sume. No caso de producirse un empate entre 2 ou máis equipos, resolverase a favor do equipo no que obtivera a mellor clasificación o último dos seus corredores que puntúe. Aqueles equipos que non cheguen á meta cos 4 ou, se é o caso, 3 atletas dos que puntúan, non puntuarán como equipo.
Para o Campionato Provincial clasificaranse os dous mellores equipos e os/as seis primeiros/as atletas de cada categoría da Fase Zonal.


OUTRAS NORMAS
Todos os aspectos non recollidos nestas normas serán regulados pola normativa oficial da Federación Galega de Atletismo, que pode consultarse na páxina web da federación: www.atletismogalego.org, e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte: www.deportegalego.es.





CIRCUITO FASE ZONAL CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR. Sábado 21 de xaneiro do 2012. Acea da Ma (Culleredo)





HORARIO
10:30 – Retirada de dorsais
Hora
Categoría
Distancia  aprox.
Voltas
11.00
Benxamín fem.
600m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.10
Benxamín mas.
600m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.20
Alevín fem.
800m
SALIDA B + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.30
Alevín mas.
1320m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
11.45
Infantil fem.
1320m
SALIDA A + 1 VUELTA PEQUEÑA
12.00
Infantil mas.
1800m
SALIDA B+ 1 VUELTA PEQUEÑA +1 VUELTA MEDIANA
12.15
Cadete fem.
1800m
SALIDA B + 1 VUELTA PEQUEÑA + 1 VUELTA MEDIANA
12.35
Cadete mas.
3500m
SALIDA B+ 3 VUELTAS GRANDES

No hay comentarios:

Publicar un comentario