Para compensar os excesos de boa parte do club na Feira do Cocido de Lalín decidín apostar pola dieta mediterránea e trasladeime a Barcelona, para participar na Mitja Marató e debutar na distancia representando ao CAS.
A verdade é que se fixo un pouco raro, ningunha cara coñecida, non chovía, non soplaba o vento, non facía frío...raro, raro, raro, pero alí estabamos, na compañía dun amigo, mais ciclista que corredor, pero que se animou a botar unha carreira. Unha foto na pancarta de saída para a posteridade e para atrás, ao noso sitio.
O obxectivo era rematar xuntos, desfrutar do percorrido por toda a cidade e prepararse para a Vig Bay. Había bo ambiente, quizáis algo frío pola hora da saída, as 08:45 h, e moito guiri. Nós, ao final do último caixón, saimos ás 09:00 h, casi 15 minutos despois da saída oficial. Finalmente había algo mais de 12.000 corredores.
A zona de saída e chegada era entre o parque da Citdadella, onde está o zoo, e o Paseig Sant Joan. Saímos cara o mar, con calma, hai moita xente e non hai prisa, achegámonos á estatua de Colón, onde as famosas Ramblas chegan ao mar, e tiramos polo Paralel, antaño centro do ocio nocturno, dos cabarets e os musicais. Desvíannos por unhas rúas paralelas xa que hai un tramo en obras, queren facer un boulevard para revitalizar a zona...é a moda.
Fin do Paralel e percorremos a Gran Vía, que sensación! correr por rúas anchas, con árbores e preciosos edificios, onde todos os días está cheo de coches hoxe nos toca a nós. Baixamos de novo cara ao mar, pasamos outra vez perto da zona de meta e enfilamos cara a Poble Nou pola rúa Pallars. Imos ben, a bo ritmo, xa se empeza a ver xente polas rúas aplaudindo, tamén os primeiros grupos de animación con tambores, o parque de bombeiros animando en pleno e case sen darnos conta xa estamos na metade de carreira.
Subimos outra vez á Gran Vía, xa temos a tiro ás liebres de dúas horas, imos pasalos, imos ben, penso eu, pero non así o meu compañeiro que lle empezan a fallar as forzas, baixamos o ritmo, se nos marchan, cajiná! Collemos un ritmo mais lento e mais cómodo que nos permita seguir xuntos, pasan os km e xa estamos na Diagonal, un km para arriba e outro para abaixo, ata chegar ao mar. Neste punto, km 17, o compañeiro xa vai moi xusto de forzas, pero seguimos xuntos, viñemos a correr xuntos e diso se trata.
A praia, as palmeiras do paseo, o sol...nada, non hai forma de que recupere, chega o km 19 e me di que para, que non corre mais! Paramos, o animo, "que non queda nada"... "que non, que non, que non corro mais!", mándame marchar e fago os dos últimos kms en solitario, sacando proveito das series dos entrenos e a moi bo ritmo, adianto a numerosos corredores, os que nos adiantaran a nós con anterioridade, e así ata a meta.
Chego ben, contento polo debut e polas sensacións de poder facelo moito mellor en futuras probas. O avituallamiento está no paseo que leva ao Arco do Triunfo, onde poso para a foto cunha medalla ben chula que nos dan ao chegar.
Unha carreira moi recomendable, un percorrido bonito, prácticamente llana que a fai moi rápida...para os que corren moito, claro. Por certo, tan rápida foi que bateuse o record do mundo feminino da distancia.
Qué foi do meu compañeiro? Pois seguiu cara a meta pero a uns 500 metros atopouse coa familia, saiu do percorrido e marchou con eles, polo que figura na lista dos abandonos. Tal é o tamaño da espiña que lle quedou clavada que xa se apuntou a outra media en marzo para poder pasar páxina. Isto das carreiras eche un vicio como outro calquera, crea adicción.
Nacho
No hay comentarios:
Publicar un comentario