O Concello de Sada foi o elexido para acoller este
fantástico evento que pon fin a unha tempada chea de éxitos. A Gala
Anual do Atletismo Galego congregará a centos de destacados atletas,
clubes, adestradores e xuíces. Se recoñecerá a labor feita por
institucións e empresas que apoiaron ao atletismo neste último ano,
premiaranse aos medallistas en Ctos. de España e internacionais, tamén
haberá recoñecemento para os xuíces, adestrastores e clubes. Todos os
interesados en asistir familiares, amigos e atletas premiados (en breve
publicarase un listado cos galardóns) deberán introducir os seus datos
no seguinte formulario (CLICK AQUI)
A Federación Galega de Atletismo agradece dende xa ao Concello de Sada a súa colaboración neste evento. (V.A.)
No hay comentarios:
Publicar un comentario