Estructura web

jueves, 18 de noviembre de 2010



Xogando o atletismo día 28 de novembro en Cerceda no Polideportivo da Silva as 10:00

O fin de semá que ven competición escolar en Cerceda, a cal o Club atletismo Sada ten pensado acudir cos benxamins e alevins do club e da escola municipal, os que queiran ir mandade un correo a o correo do club.
A Federación Galega de Atletismo, a través do Club
Atlética A Silva, desenvolverá a primeira xornada do Gran
Premio de Atletismo en Pavillóns, patrocinado pola Excma.
Deputación Provincial de A Coruña, o vindeiro domingo 28
de novembro, en horario de 10 a 13 horas.
Poderán intervenir todos os colexios da Provincia de A
Coruña, así como os clubs de atletismo que o desexen.
REGLAS DA COMPETICIÓN:
IDADES (ano de nacemento): 2002-2003 (Benxamín) e
2001-2000 (Alevín). Equipos mixtos, formados por nenos e
nenas.
Cada equipo estará composto por 6 atletas. Un mesmo
centro escolar poderá presentar varios equipos de cada
categoría. O número máximo de equipos por colexio
dependerá da previsión dos centros participantes.
Os participantes poderán realizar dúas das seis probas
individuais e o relevo.
Cada atleta puntuará nas dúas proba que realize (tódalas
probas quedarán cubertas por dous membros do equipo).
No caso de presentar un equipo menos de 6 atletas, 1 ou
2 atletas dese equipo participarán nas probas que falten
por cubrir. No caso de non acadar un equipo o número
mínimo de participantes (6 atletas), poderá completar o
equipo con nenos e nenas de menor idade ata os nados
en 2003.
Os 6 compoñentes de cada equipo participarán nas
carreiras de relevos.
A puntuación realizarase polo posto obtido polos
participantes en cada proba, asignándolle a cada gañador
N puntos (sendo N o número de equipos participantes) N-1
o segundo e así sucesivamente.
Para o desenlace de empates terase en conta o número de
primeiros postos.




PROBAS:
Carreira de 6x10 metros en ida e volta (3 voltas de 20m rodeando un cono situado a cada extremo). Participará un neno/a por equipo. Cronométraxe o
tempo de cada participante. Realizarase tan só un intento por participante
20 saltos continuados laterais cos pes xuntos sobre un obstáculo de goma–espuma, cartón,… etc duns 20 cm de alto. Participarán catro alumnos ó
mesmo tempo (4 saltadoiros conxuntos), un por cada centro. Se o obstáculo é desprazado ou derribado, o neno deberá colocalo de novo e continuar
saltando. Realizarase dous intentos por participante e se anotará o mellor tempo total de cada participante en realizar os 20 saltos.
Lanzamento de balón de 2 kg cos dous brazos cara atrás e por enrriba da cabeza. Se despois de lanzar sobrepásase a liña desde onde se lance, non
se considerará nulo. Cada participante realizará tres intentos, (primeiro unha rolda todos, despois a segunda e a terceira). Anotarase o mellor resultado
de cada participante en distancia.
Salto horizontal de parado cos pés xuntos desde a liña de saída. Cada participante realizará tres intentos, (primeiro unha rolda todos, despois a segunda
e a terceira). Anotarase o mellor resultado de cada participante en distancia.
Lanzamento dunha xavelina branda desde parado e sen carreira previa. Se despois de lanzar sobrepásase a liña desde onde se lanzou non se
considerará nulo. Cada participante realizará tres intentos, (primeiro unha rolda todos, despois a segunda e a terceira). Anotarase o mellor resultado de
cada participante en distancia.
Salto de altura adaptada ós nenos e nenas, na que deberán realizar o salto a un quitamedos. Cada participante realizará dous intentos por altura, (primeiro
unha rolda todos e despois a segunda os nenos/as que non lograron pasar a altuna na primeira rolda). Anotarase o mellor resultado final de cada participante.
Carreira de relevos 5x2 voltas. Interveñen 5 deportistas por centro. A saída do primeiro relevista farase dende a metade do tramo sentado sobre unha colchoneta.
Cada participante realizará dúas voltas (ida e volta) antes de entregar o testigo ó seu compañeiro. A volta farase rodeando un cono situado a cada extremo. Darase a
saída do primeiro de cada equipo, cun pitido e os seguintes saíran coa entrega do testigo. A liña de chegada está situada na metade do tramo. Os participantes
quedaranse nun lado da colchoneta de saída sen estorbar ós compañeiros

No hay comentarios:

Publicar un comentario