Estructura web

lunes, 22 de noviembre de 2010

Medía maratón volta a Ria de Ferrol


Ya esta aqui de nuevo como todos estos años una nueva edición de la Volta a Ría, los que esteís interesados en acudir a dicha cita mandarnos un mail al correo clubatletismosadainscripciones@gmail.com no os retraseís. y aqui os dejamos toda la información de la carrera.



Información:


XXV CARREIRA POPULAR - VOLTA Á RÍA
MEMORIAL “ADOLFO ROS”
O vindeiro día 12 de decembro de 2010, ás 11 horas, terá lugar a saída da XXV CARREIRA POPULAR - VOLTA Á RÍA, “MEMORIAL ADOLFO ROS”, que se celebrará consonte co seguinte:
REGULAMENTO XERAL
1.- A saída e chegada terá lugar na Praza de España de Ferrol.
2.- O percorrido será de Media Maratón (21.097'5 metros aproximadamente), e discorrerá polos concellos de FERROL, NARÓN, NEDA, FENE e FERROL.
3.- A Organización contará coa axuda da Garda Civil de Tráfico e da Garda Municipal dos catro Concellos, que regularán o tránsito ao longo do percorrido.
4.- Así mesmo actuaran como colaboradores habilitados pola organización, as agrupacións de Protección Civil dos catro Concellos citados, asi como o Club Ciclista Ferrol.
5.- Está prohibido o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descalificación dos corredores que a infrinxiran. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a organización, que contarán con roupa apropiada e visible.
6.- O percorrido estará sinalizado cada 5 kms.
7.- No percorrido estableceranse controis, así como postos de avituallamento situados nos Concellos de Narón, Neda, Fene e Ferrol e estarán nos kilómetros 5, 10, 15 e 20 aproximadamente.
8.- O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o primeiro clasificado.
9.- As inscripcións poderanse efectuar a partir do día 22 de novembro até o día 9 de decembro na seguinte dirección:
Por mail / web en: www.championchipnorte.com
Os participantes residentes nos Concellos organizadores (Ferrol, Narón,Neda e Fene), no momento da inscrición deberán facer constar a dirección completa e ao Concello o que pertencen e deberán xustificar documentación no momento de recoller o premio se pola súa clasificación lle correspondese.
Para as probas de menores, os clubes e colexios, permítense as inscricións colectivas sempre que se fagan persoalmente e con anterioridade ó 30 de novembro nas seguintes direccións tanto persoalmente como por telefono:
Delegación da Federación Galega de Atletismo.
Pistas de Atletismo de A Malata, s/n, 15405 -FERROL
Tel/Fax. 981 37 06 00.
e-mail: fgaferrol@gmail.com
Aqueles que se inscriban máis dunha vez, inducindo a posible erro á Organización, quedarán descalificados e non terán dereito a premio en metálico nin trofeo.
10.- A Organización ten suscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e Responsabilidade Civil. De tódolos xeitos, a Organización recomenda ós participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as características desta competición.
11.- A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do sábado, 11 de decembro, de 17.00 a 21.00 horas na oficina da secretaría da proba, na Praza de España. Tamén se poderán recoller na zona de saída e meta, Praza de España, o domingo 12 de decembro, dende as 9.00 ata as 10.30 horas. O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación, debendo por tanto, recoller os dorsais persoalmente.
Todas as persoas inscritas na proba deberán (excepto os propietarios de chip Champion Chip) devolver o chip ao rematar a mesma. A non devolución ou perda do mesmo implica o pagamento da cota de 5 euros, así como o non dereito de recibir regalo algún e aparecer na clasificación.
12.- Establécense as seguintes categorías, tanto en homes como en mulleres, existindo unha clasificación absoluta ou xeral e outra por categorías:
A.
Nados/as en 1992 e 1993.
B.
Nados/as en 1989, 1990 e 1991.
C.
Nados/as en 1988.
D.
De 35 a 40 anos.
E.
De 41 a 49 anos.
F.
De 50 a 59 anos.
G.
A partir de 60 anos.
H.
Minusválidos/as en cadeira de rodas.
I.
Residentes dos Concellos organizadores (nados no 1993 e anteriores).
13.- PREMIOS:
Haberá trofeos para os tres clasificados de cada categoría.
Premios en metálico. Para a clasificación absoluta ou xeral(categoría A, B, C, D, E, F e G) serán:
Categoría H
1º clasificado:
2º clasificado:
3º clasificado:
4º clasificado:
5º clasificado:
6º clasificado:
7º clasificado:
8º clasificado:
1000 euros e trofeo
800 euros e trofeo
600 euros e trofeo
400 euros
350 euros
320 euros
200 euros
170 euros
1º clasificado: 500 euros e trofeo
2º clasificado: 400 euros e trofeo
3º clasificado: 300 euros e trofeo
Categoría I
1º clasificado: 200 euros e trofeo
2º clasificado: 150 euros e trofeo
3º clasificado: 100 euros e trofeo
Estes premios (categoría I) son acumulables, aos das categorías A, B, C, D, E, F e G.
Os residentes nos Concellos organizadores (categoría I) que obteñan premio, deberán xustificar a súa residencia en calquera dos catro Concellos (Ferrol, Narón, Neda e Fene).
Todos os participantes que obtivesen algún premio deberán presentar algún documento de identidade (DNI ou pasaporte). A non presentación deste documento supón a non entrega do premio.
BOLSAS E PREMIOS
Bolsa de 100 euros para todos os participantes que baixen a mellor marca de todas as edicións celebradas con saída e chagada en Ferrol (anos 1986, 1990, 1995, 1998, 2002 e 2006).
Esta bolsa será acumulativa cos premios da clasificación absoluta ou xeral.
As marcas son as seguintes:
CATEGORÍAS
PARTICIPANTES
EDICIÓNS
ANOS
MARCAS
ABSOLUTA HOMES
Serafín Portela Amorín
IX
1995
1.02.23
ABSOLUTA MULLERES
Esther Pedrosa Carrete
IX
1995
1.14.26
MINUSVA. HOMES
José M. Abal Lores
XIII
1998
1.03.16
MINUSVA. MULLERES
------------------
---------
-----
-------
14.- A proba sera controlada polo Comité Territorial de Xuíces de Atletismo e rexerase polas normas do Regulamento da IAAF.
15.- A entrega de trofeos e premios terá lugar ás 13:30 horas na Praza de España.
16.- A Organización non se fará responsable dos danos morais ou materiais que poidan sufrir os participantes antes, durante ou como consecuencia da súa participación nesta proba.
17.- Os participantes deberán correr en todo momento pola dereita da calzada, sendo motivo de descalificación calquera infracción deste punto.
18.- A Organización poderá modificar o presente regulamento, sen previo aviso. Igualmente resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste
Regulamento.
19.- A inscrición na proba suporá a total aceptación deste Regulamento por tódolos atletas participantes.
20.- A proba terá o seguinte percorrido:
SAÍDA - Praza de España
Esquerda dirección ao túnel da Praza de España
Entrada no túnel da Praza de España
Praza de España – Parte baixa do aparcadoiro
Praza de España – Antiga Gasolineira
Estrada de Castela AC-862 – Inferniño semáforo R/ Sánchez Calviño
Desvío á dereita pola R/ República Arxentina
Esquerda pola R/ Adolfo Ros
Esquerda pola R/ México
Dereita pola R/ Nova de Caranza
Dereita pola Estrada de Castela AC-862 – Colexio das Mercedarias
Estrada de Castela AC-862 – Rotonda da Avda. Nicasio Pérez
Estrada de Castela AC-862 – Rotonda Ponte das Cabras
Estrada de Castela AC-862 – semáforo, Cruce Estrada da Faísca
Estrada de Castela AC-862 – Concello de Narón
Estrada de Castela AC-862 – Rotonda Estrada de Cedeira
Estrada de Castela AC-862 – Residencia San Xosé
Estrada de Castela AC-862 – Casa Vicente, (O Ponto)
Estrada de Castela AC-862 – Rotonda Megasa
Estrada de Castela AC-862 – Concello antigo de Narón
Ponte do Río Xubia AC-862
Semáforos, desvío á dereita pola AC-115, dirección Fene
Igrexa de Neda, (semáforo) AC-115
Concello de Neda, AC-115
Parte baixa da Autopista AP-9, AC-115
Gasolineira – Pazo da Mercé, AC-115
Fene, semáforos, desvío á dereita, dirección Ferrol FE-14
Fene – Cruce San Valentín
Gasolineira das Pías, desvío á dereita, dirección á Gándara
Rotonda, desvío a esquerda pola Avda. do Mar, Caranza
Avda. do Mar, cruce Pavillón Polideportivo de Caranza
Rotonda, Avda. do Mar con R/ José Fontenla Leal
Rotonda, Avda. do Mar con R/ Masaia
Rotonda, Avda. do Mar con Avda. de Castelao
Rotonda con Travesía Bazán
Rotonda Uxío Novoneira, desvío a esquerda pola Avda. de Esteiro
Desvío a esquerda, por la Estrada de Caranza
Desvío á dereita pola Avenida de Vigo
Rotonda Estatua González Llanos, collemos pola Avda. de Esteiro
Cruce semáforos, dereita pola R/ Españoleto
Esquerda por R/ Soto
Seguimos por R/ San Amaro
Seguimos por R/ Lugo
Dereita pola R/ Galiano, dirección á Praza de España
META - Praza de España
CARREIRA DE MENORES
A continuación da saída da XXV CARREIRA POPULAR, MEMORIAL “ADOLFO ROS”, terá lugar a carreira das categorías menores, cun percorrido de 1,770 km para as categorías ALEVÍN e INFANTIL MASCULINO e FEMININO, e de 4,002 km para as categorías CADETE e XUVENÍS MASCULINO e FEMININO, discorrendo polo Concello de Ferrol cos mesmos puntos de saída e de chegada que a carreira principal.
As idades das categorías tanto en nenas coma en nenos serán as seguintes:
ALEVINS . . . . . . . . Nados/as no 2000/2001
INFANTIS. . . . . . . . Nados/as no 1998/1999
CADETES. . . . . . . . Nados/as no 1996/1997
XUVENIS . . . . . . . . Nados no ano 1994/1995
Premiaranse con trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto en nenos como en nenas. Para poder acceder ós premios haberá que xustificar documentalmente a idade dos participantes.
Para estas probas, aos clubs e colexios permitiranse as inscricións colectivas sempre que se fagan persoalmente e con anterioridade ao 30 de novembro no seguinte enderezo, tanto persoalmente como por teléfono:
Delegación da Federación Galega de Atletismo
Pistas de Atletismo da Malata, s/n. 15405 - Ferrol
Telf./fax: 981 37 06 00
mail: fgaferrol@gmail.com
OBSERVACIÓNS IMPORTANTES:
A proba rexerase polo regulamento xeral da XXV CARREIRA POPULAR, MEMORIAL “ADOLFO ROS” e do Regulamento da IAAF.
Só poderán participar con dereito a premio os atletas españois ou estranxeiros nacionalizados en
países que limiten coa fronteira galega (portugueses), sempre que non foran internacionais co seu país nos cinco últimos anos. Asemade, poderán participar outros atletas estranxeiros non internacionais co seu país e que non sexan portugueses se son residentes en Galicia, presentando documentación acreditativa (permiso de residencia ou de traballo).
Cando un participante sobrepase o tempo previsto de peche de control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarse un usuario máis da vía, quedando eximida a organización de toda responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).

No hay comentarios:

Publicar un comentario