Estructura web

lunes, 9 de enero de 2012

Cross a Pobra 22/1 niños y adultos

A Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e o Concello da Pobra do Caramiñal, organizan xunto coa Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) o DOMINGO 22 DE XANEIRO DE 2012 no circuito da Praia de Cabío da Pobra do Caramiñal, o III CROSS CONCELLO DA POBRA. Reglamento:
Conxuntamen celebrarase o CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS DE VETERANOS . As probas estarán baixo o control técnico do Comité Galego de Xuices e segundo o seguinte:

REGULAMENTO 
1. Poderán participar todos os atletas das seguintes categorías (homes e mulleres):
Benxamín atletas nados nos anos 2003 e 2004
Alevín atletas nados nos anos 2001 e 2002
Infantil atletas nados nos anos 1999 e 2000
Cadete atletas nados nos anos 1997 e 1998
Xuvenil atletas nados nos anos 1995 e 1996
Junior atletas nados nos anos 1993 e 1994
Promesa atletas nados nos anos 1990, 1991 e 1992
Senior atletas nados no ano 1989 e anteriores ata veteráns
Veteranos M35/M40 atletas (homes) con idades comprendidas entre 35 e 44 anos
Veteranos M45 en adiante atletas (homes) de 45 anos en adiante
Vetaranas F35 en adiante atletas (mulleres) de 35 anos en adiante

2. Poderán participar todos os atletas das citadas categorías que posúan licencia federativa no III Cross Concello da Pobra , máis só puntuarán no Campionato Galego de Veteranos os que se atopen en calquera das seguintes condicións:
− Atletas que teñan fichado ó longo da tempada actual (2011/2012) por algún clube de Galicia.
− Atletas con ficha pola Federación Galega de Atletismo, anque pertenzan a clubes doutra comunidade.
− Atletas non galegos convidados expresamente pola Federación Galega de Atletismo, que non reúnan ningunha das condicións anteriores.

* Según acordo de Asemblea os atletas estranxeiros maiores de 18 anos que non estén nacionalizados en España non poderán optar aos podiums nos Campionatos Galegos.

3. Para o CAMPIONATO GALEGO DE VETERANOS realizarase unha clasificación individual e outra por equipos; a clasificación por equipos farase nas seguintes categorías:
HOMES MULLERES
- M-35 / M40 (de 35 a 44 anos)
- M-45 / (+ de 45 en adiante ) - F-35 / (+ de 35 en adiante)

Para realizar a clasificación por equipos sumaranse os postos obtidos polos 3 primeiros atletas na clasificación xeral da carreira na que se participa (na proba femenina corresponderá ó posto que ocupe na clasificación xeral da proba). Resultará gañador o equipo que menos puntos obteña (en caso de empate, clasificarase en primeiro lugar o equipo no cal o seu 3º atleta quedase diante) . Cada clube terá dereito a formar un só equipo por proba e deberá realizar a inscrición como tal.

4. DISTANCIAS E HORARIOS 
III CROSS CONCELLO DA POBRA / CAMPEONATO GALEGO DE VETERÁNS
HORA CATEGORÍA SEXO DISTANCIA
10:00 CADETE – XUVENIL Homes 3475 m aprox.(1 Volta C+2 G)
10:25 CADETE – XUVENIL Mulleres 2200 m aprox.(1 Volta C+1 G)
10:45 ALEVÍN – INFANTIL Homes 1860 m aprox.(2 Voltas C)
11:05 ALEVÍN – INFANTIL Mulleres 1480 m aprox.(1 Volta B+1 C)
11:20 BENXAMÍN MIXTO Homes/Mulleres 700 m aprox.(1 Volta A)
11:35 JUNIOR–PROMESA–SENIOR –VETERANAS (F35 EN ADIANTE) Mulleres 5300 m aprox. (1 Volta B+1 C+3 G)
12:10 VETERANOS (M35-M40) Homes 7300 m aprox. (1 Volta C+5 G)
12:55 VETERANOS(M45 E SEGUINTES) Homes 5300 m aprox. (1 Volta B+1 C+3 G)
13:30 JUNIOR – PROMESA – SENIOR Homes 7300 m aprox. (1 Volta C+5 G)
14:20 ENTREGA DE PREMIOS (ZONA DO CIRCUITO)

5. As inscricións das categorías escolares (de benxamín a cadete) e das categorías xuvenil, junior, promesa e senior, remitiranse ó correo electrónico inscricionsFGAsantiago (arroba) gmail.com como máximo ata o xoves 19 de xaneiro de 2012 ás 20 horas. Deberán reflexar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, clube e nº de licencia federativa ou seguro escolar.

Os atletas e equipos que compitan no Campionato Galego de Veteranos deberán realizar a inscrición mediante o servicio online da web www.atletismogalego.org con data limite o martes 17 de xaneiro ás 20 horas (teléfono de información 981 291 799).

6. Os delegados oficiais dos Clubes poderán retirar na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN os seus dorsais ata 30 minutos antes da saída de cada proba. Pasado este período non se admitirá a participación do atleta.

7. A orde de colocación dos equipos participantes na saída realizarase por sorteo.

8. Tódolos atletas deberán pasar por cámara de chamadas 15 minutos antes da Saída da súa proba, onde deberán acreditar a súa identidade (presentación de ficha federativa, DNI ou documento acreditativo). A orde de colocación na saída dos equipos participantes no Campeonato Galego de Veteranos realizarase por sorteo.

9. PREMIOS E TROFEOS 
Percibirán trofeo os tres primeiros clasificados das categorías escolares (de benxamín a cadete), así como das categorías xuvenil, junior, promesa e senior, tanto en homes como en mulleres.

No CAMPIONATO GALEGO DE VETERANOS outorgaranse medalla os 3 primeiros clasificados a nivel individual por sexo e segundo as categorías establecidas. Tamén outorgarase trofeo ós 3 primeiros equipos clasificados de cada proba.
Todos os atletas de categoría veterán que non desexen participar no Campionato Galego, deberán reflexalo na inscrición e serán a tódolos efectos da categoría SENIOR, onde deberán correr a carreira desta categoría (só na proba masculina, pois na femenina corren conxuntamente).

10. Para o Campionato Galgego de Veteranos, a responsabilidade das inscricións dos atletas, salvo que sexan independentes, corresponderá ao seu clube. Aplicaránse as seguintes penalizacións polo incumprimento da normativa de inscricións:
- Se o atleta, previamente inscrito non participa finalmente no Campionato a sanción será de 3 euros por atleta inscrito, salvo causa xustificada e comunicada por escrito á FGA con antelación mínima de 24 horas. No caso de lesión deberá acreditarse o xustificante facultativo.
- Non acreditar a veracidade nas inscricións enviadas á FGA (6 euros por atleta con datos falsos).
- Non realizar a inscrición no prazo estipulado deberá aboar 3 euros.
- Os clubes que desexen anular a participación de algún dos seus atletas deberán remitir um email a secgeneral@fgatletismo.com sinalando o nome e apelidos do/s atletas que da de baixa e o motivo da mesma, sempre cunha antelación dun mínimo de 48 horas ao dia do evento.

11. Todo o non previsto neste regulamento resolverase de acordo coa normativa RFEA en vigor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario