Estructura web

jueves, 17 de mayo de 2012

Carrera Órdenes 3/6

El próximo 3 de junio a partir de las 10 de la mañana se celebrará la XVII Carreira Popular Concello de Ordes. Habrá carreras para niños y adultos. Para las inscripciones rellenad el formulario antes del 29/5. Más información...

O Concello de Ordes celebra a XVII edición da súa Carreira Popular o domingo 3 de xuño de 2012 na localidade de Ordes baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación en Santiago) e de acordo co seguinte:

REGULAMENTO 
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación conxunta. O control técnico das probas estará a cargo do Comité de Xuices da Federación Galega de Atletismo, Delegación de Santiago de Compostela.

2. CATEGORÍAS E DISTANCIAS DOS PARTICIPANTES: 
CATEGORÍA ANOS DE NACEMENTO DISTANCIAS
BABY* 2007 e posteriores 500 metros
PREBENXAMÍN* 2006-2005 500 metros
BENXAMÍN 2004-2003 1000 metros
ALEVÍN 2002-2001 1000 metros
INFANTIL 2000-1999 3000 metros
CADETE 1998-1997 3000 metros
XUVENIL 1996-1995 9500 metros
JUNIOR-PROMESA-SENIOR 1994 ata veteráns 9500 metros
VETERANOS/AS A nados/as entre 1977 e 1967 9500 metros
VETERANOS/AS B nados/as entre 1966 e 1957 9500 metros
VETERANOS/AS C nados en 1956 e anteriores 9500 metros
*As categorías BABY e PREBENXAMÍN non son categorías federadas.

3. HORARIO DAS PROBAS 
Todos os participantes deberán colocarse na liña de SAÍDA 5 minutos antes do inicio de cada proba, sita a mesma enfronte da Casa Consistorial.
HORA CATEGORÍA
10:00 h Infantil e cadete (3000 metros)
10:30 h Baby e Prebenxamín (500 metros)
10:50 h Xuvenil-Junior-Promesa, Senior e Veteranos (9500 metros)
11:00 h Benxamín e Alevín (1000 metros)

4. Para o control da carreira absoluta (de xuvenil en adiante) todos os participantes deberán levar un CHIP que lles será entregado xunto co seu dorsal (excepto propietarios de Chip amarelo) e que deberán atar de xeito correcto na súa zapatilla conservandoo ata o remate da proba onde efectuarán a súa devolución.

5. INSCRICIÓNS: 
- CARREIRAS ESCOLARES (de Baby a cadetes): faranse a través do correo electrónico inscricionsFGAsantiago@gmail.com facendo constar os seguintes datos: nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, clube e nº de licencia federativa ou seguro escolar (se a/o ten).
- CARREIRA ABSOLUTA (de xuvenil en adiante), poderán facelo visitando a páxina web www.championchipnorte.com onde se lle indicarán os pasos que deberán efectuar para formalizar a inscrición*.

PREZO DE INSCRICIÓN:
- CATEGORÍAS ESCOLARES: GRATUITA
- PROPIETARIOS CHIP AMARELO CHAMPIONCHIP: 3,00 €
- CORREDORES SEN CHIP AMARELO CHAMPIONCHIP: 4,00 €

*Os equipos, clubes, centros ... que desexen obtar os premios en metálico deberán formalizar a inscrición individual en ChampionChip de cada compoñente, e ademais remitir un correo electrónico á dirección inscricionsFGAsantiago@gmail.com no cal se reflexará a composición de atletas do clube cos seus datos persoais (nome e apelidos, data de nacemento, localidade de procedencia, clube e nº de licencia federativa (se a ten).

Para máis información, poderán utilizar os teléfonos 981 680 002 e 981 680 157.

prazo de inscrición rematará o mércores 30 de maio de 2012 ás 22:00 horas. NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS FORA DO PRAZO ESTABLECIDO. Os dorsais e os CHIPS recolleranse na SECRETARÍA DA COMPETICIÓN sita na Casa do Concello (a carón da SAIDA) ata MEDIA HORA antes do inicio da proba correspondente.

6. O longo do percorrido a organización ubicará controis nos cales poderase descalificar a calquera atleta que incumpla a normativa da competición (sairse do percorrido, sacar o dorsal, empurrar ou obstaculizar a outros atletas…). O percorrido da proba absoluta estará sinalado cada kilómetro.

7. Todo atleta que chega a liña de meta sen o seu dorsal será automáticamente descalificado.

8. TROFEOS E PREMIOS EN METÁLICO 
Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados de cada categoría (en mulleres e homes), así como trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira XUVENIL-JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERANAS/OS.

Tamén outorgarase trofeo ós 3 primeiros clasificados do Concello (deberán estar censados) na proba absoluta (en mulleres e homes), ó participante máis xoven e o máis veterano que logre concluila proba (da súa categoría, claro).

Os trofeos non serán acumulativos.

PREMIOS EN METÁLICO 
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL-JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERANOS/AS)
PREMIOS INDIVIDUAIS
1º Clasificado/a: 150 €
2º Clasificado/a: 80 € (Iguais para mulleres e homes)
3º Clasificado/a: 50 €

PREMIOS POR CLUBES FEDERADOS* 
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL-JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERANOS/AS)
1º Equipo Clasificado: 150 €
2º Equipo Clasificado: 100 €
3º Equipo Clasificado: 50 €

*A clasificación por clubes federados será establecida a través dos 4 primeiros corredores en cruzar a liña de meta. Para puntuar nesta clasificación é necesario realizar a inscrición como clube* (inscribindo os corredores individualmente en ChampionChip e remitindo un correo electrónico a dirección inscricionsFGAsantiago@gmail.com cos datos do clube e dos seus compoñentes), e que alo menos 6 corredores do mesmo logren concluila carreira. A confección dos equipos poderá ser mixta, masculina ou femenina, pero todos puntuarán nunha soa clasificación. NINGÚN CLUBE FEDERADO ENTRARÁ NESTES PREMIOS SENÓN SEGUE OS PASOS MARCADOS PARA A INSCRICIÓN POR CLUBE INDICADA NO PUNTO 5 DESTE REGULAMENTO.

PREMIOS POR GRUPOS DO MUNICIPIO* 
CARREIRA ABSOLUTA (XUVENIL-JUNIOR-PROMESA, SENIOR e VETERANA/O).
1º Grupo Clasificado: 150 €
2º Grupo Clasificado: 100 €
3º Grupo Clasificado: 50 €

* Na clasificación por grupos do municipio poderán entrar todas as asociacións, clubes, equipos, centros,… do municipio de Ordes. A clasificación será establecida a través dos 4 primeiros corredores en cruzar a liña de meta. Para puntuar nesta clasificación é necesario realizar a inscrición como grupo municipal* (VER PUNTO 5 DO REGULAMENTO) e que alo menos 6 corredores do mesmo logren concluila carreira. A confección dos grupos poderá ser mixta, masculina ou femenina, pero todos puntuarán nunha soa clasificación.

* Non se pode duplicar a inscrición, é dicir, os corredores so poderán estar anotados ou a través dunha asociación, clube ou dun centro educativo, non poderá figurar en duas entidades.

PREMIOS ESPECIAIS* 

CARREIRAS ESCOLARES
Outorgarase un premio especial de 150 € ó Centro Educativo que aporte maior número de participantes. Para elo deberán formalizar a inscrición como tal remitindo un correo electrónico á dirección inscricionsFGAsantiago@gmail.com no cal se reflexe o nome do Centro Educativo e os datos dos seus deportistas (nome e apelidos, data de nacemento e nº de seguro escolar (se o/a ten)).

Os premios en metálico serán aboados unha vez concluidas as probas. Para elo tódolos atletas gañadores de premios en metálico deberán acreditar a súa identidade coa presentación do DNI, carnet de conducir ou pasaporte.

9. Segundo o ARTIGO 3.4. DO REGULAMENTO das competicións autonómicas de Ruta, Pista ou Campo a Través da REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ATLETISMO: "Por norma general en estas competiciones no podrán participar atletas extranjeros que no tengan licencia por la Federación Autonómica donde se celebre la competición salvo si se cumple alguno de los siguientes supuestos:
− "En Autonomías con frontera terrestre con Portugal o Francia se permitirá la participación de atletas del país vecino siempre y cuando estos atletas no hayan sido internacionales por su país en los últimos 5 años y en una prueba similar”.
− "Atletas residentes en la Comunidad Autónoma. Se deberá justificar con permiso de residencia o trabajo”.
En todos os casos o organizador poderá requerir a documentación necesaria e reterá o premio mentres non sexa presentada.

10. Habera servizo de duchas na piscina municipal a disposición de tódolos atletas ó finalizar as probas. Tódolos atletas que logren concluir a proba recibirán habituallamento líquido e unha camiseta conmemorativa do evento.

11. As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó Xuíz Árbitro da Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.

12. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da RFEA en vigor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario