Estructura web

sábado, 11 de diciembre de 2010

II Xornada Campo a traves

Aqui vos deizxamos a normativa da segunda xornada de campo a traves da fase local.

FEDERACIÓN GALEGA
DE ATLETISMO
FEDERACIÓN GALEGA
DE ATLETISMO

CAMPO A TRAVÉS – 2ª FASE LOCAL
ACEA DE AMA – 18-12-20010

ORGANIZAN: Secretaría Xeral para o Deporte e Federación Galega de Atletismo.

PARTICIPANTES
No campo a través poderán participar todos os clubs, centros de ensino, asociacións, ANPAS etc. que cumpran os
requisitos da inscrición no programa XOGADE.

CATEGORÍAS
BENXAMÍN: nados nos anos 2003-2002 masculino e feminino.
ALEVÍN: nados nos anos 2001-2000 masculino e feminino.
INFANTIL: nados nos anos 1999-1998 masculino e feminino.
CADETE: nados nos anos 1997-1996 masculino e feminino.

OBXECTIVOS XERAIS
• Fomentar unha práctica deportiva, educativa e saudable.
• Difundir os valores da competición dende unha perspectiva máis regrada.
• Facilitar a práctica nunha modalidade de gran tradición histórica en Galicia.

SISTEMA DE COMPETICIÓN 2ª FASE
Cada centro, club ou entidade deportiva poderá participar nesta primeira fase co número de equipos que o desexen en
cada categoría, sempre que a súa nomenclatura os diferencie.
Cada entidade deberá participar na súa zona correspondente, excepto en casos excepcionais nos que a participación sexa
tan escasa que, a petición das propias entidades, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá reorganizar as propias zonas
previa proposta do servizo provincial correspondente.

LUGAR E DATA.
Parque deportivo de Acea de Ma (Culleredo). 18 de decembro do 2010.

INSCRICIÓN
A inscrición dos atletas participantes nesta 2ª Fase de Campo a Través Escolar farase antes do martes 14 de
decembro do 2010, utilizando a folla que se inclúen nesta normativa, que deberán enviar por correo electrónico a
deportes.coruna@xunta.es , ou por fax ao número 981 132 527

COMPOSICIÓN DOS EQUIPOS
Cada equipo estará formado por seis corredores/as, dos/ as que puntuarán os/as catro mellor clasificados/as ou tres (só
na categoría cadete). Non se poderá completar un equipo con atletas de categorías inferiores.

CLASIFICACIÓNS
Estableceranse dúas clasificacións:
• Individual. Segundo a orde de entrada na meta.
• Por equipos. A puntuación dos equipos resultará da suma dos puntos obtidos polos 4/3 atletas mellor
clasificados de cada equipo, e gañará o equipo que menos puntos sume. No caso de producirse un empate entre 2 ou
máis equipos, resolverase a favor do equipo no que obtivera a mellor clasificación o último dos seus corredores que
puntúe. Aqueles equipos que non cheguen á meta cos 4 ou, se é o caso, 3 atletas dos que puntúan, non puntuarán como
equipo.
Para o Campionato Intercomarcal clasificaranse os dous mellores equipos e os/as seis primeiros/as atletas de cada
categoría, desta 1ª xornada, asi como da 2ª xornada, e das fases de As Mariñas e Bergantiños.

FEDERACIÓN GALEGA
DE ATLETISMO
FEDERACIÓN GALEGA
DE ATLETISMO

HORARIO
10:30 – Retirada de dorsais
Hora
Categoría
11.00
Benxamín fem.
11.10
Benxamín mas.
11.20
Alevín fem.
11.30
Alevín mas.
11.45
Infantil fem.
12.00
Infantil mas.
12.15
Cadete fem.
12.35
Cadete mas.

OUTRAS NORMAS
Todos os aspectos non recollidos nestas normas serán regulados pola normativa oficial da Federación Galega de
Atletismo, que pode consultarse na páxina web da federación: www.atletismogalego.org, e na páxina web da Secretaría
Xeral para o Deporte: www.deportegalego.es.


No hay comentarios:

Publicar un comentario